Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Domingo, 05 de Novembro de 2006

Esoterismo televisivo

Dedicado a Martin Pawley

Como tantos outros internautas son lector do blog "Días estranhos". Nel podo sumerxirme e descubrir que non necesito a Deus se teño a John Coltrane ou a Chris Marker, podo ver con outros ollos a Terry Guillian, ou simplemente podo tomar nota do que depara a oferta do "Extrarradio" da Radio Galega, do programa do CGAI ou de eventos como Cineuropa (aínda que case sempre remate perdéndome a malloría).
Pero en realidade, e pese a todo esto, o que máis me engancha de Días estranhos é o esoterismo. Mellor aínda; o que máis me engancha é como Martín Pawley se pon do fígado con determinados programas dedicados ó mundo paranormal.
Como non podía ser doutro xeito o ídolo persoal de Pawley non é outro que Iker Jimenez, o recambio xeracional dos grandes Templarios, Jimenez del Oso e J.J. Benitez. Así, a el fan referencia varios dos seus textos como "Todos sabemos que en la Luna no hay gravedad", "Ground Control to Major Joan" ou "A (documentadisima) nave do misterio". Todo esto sen esquecernos do xa mítico texto "O carro do misterio" en referencia a un programa de nova xeración da galega e que deparou un dos mellores momentos blog do último mes, xa que Pawley foi quen de aglutinar no seu blog, os comentarios da presentadora do programa, do director do mesmo, dalguén de producción, dunha ducia de televidentes insatisfeitos e de Ifrit, de Cinemafriki, que casualmente tamén andaba por alí.
Normalmente acórdome de Pawley cada vez que escoito á que bota as cartas en Radio Coruña. Cada vez que me vexo en tal situación unha voz no meu interior berra con indignación: "Magufa!!!!!".
Sen embargo e pese a que me parece bastante lamentable que en distintos medios se lles dea cobertura a auténticos estafadores que supostamente len o futuro entre as copas de Heraclio Fournier tendo a obvialos salvo nos casos que dan para botarse unhas risas.
Por desgracia hai uns días tiven a oportunidade de ver algo que sobrepasa con creces as perdiccións de bruxas Lolas, as voces dos mortos sampleadas ou os grafitis de Belmez. Foi, como non, na televisión pero nunha canle que non cabería esperar, no Discovery Channel.
E é que tiven a oportunidade de ver un episodio dunha serie que ten o suxerente título de "Investigadores psíquicos". No episodio en cuestión narrabase un crime real, ficcionado a tutiplén e con entrevistas dos policías que participaron no caso. A historia é a seguinte:
Anos 80. Unha muller xoven aparece morta na sala da súa casa con evidencias de ter recibido un forte golpe na súa cabeza. Hai unha ventana rota e desorde pola casa. Hai varios mobles rotos e caixóns tirados polo chan. Despois duns meses de investigación non se atopa ningún sospeitoso. A policía atopa varias xoias da muller que non foron substraídas da casa así que comeza a sospeitar do marido. Sen embargo non hai ningunha proba que demostre que o marido foi o asasino. Nese momento a policía decide CONTACTAR CUNHA MEDIUM. Así é que nestas aparece unha señoriña de pelo branco algo cardado, un traxe un tanto rechamante, pendentes de perolas e unha expresión no rostro que dí a berros: "Eu voto republicanos". A señora afirma que se vai ó lugar dos feitos poderá sentir o mesmo que o asasino o día do crime. Dito e feito, a pasma leva á bruxa ó lugar dos feitos. O marido xa non vive alí (sospeitoso!!!). A bruxa ve o asunto moi claro: o home discutiu coa súa muller cando esta se enterou de que tivera unha aventura, el colleu un martelo das súas ferramentas e bateulle na cabeza ata matala. A continuación simulou un roubo e tirou o martelo nun lago próximo.
Así é que a policía detén ó marido. Mentres o marido está detido TACHÁN, a policía atopa un martelo con sangue nun lago próximo.
Despois de varios días detido o home confesa que matou á súa muller. Sentencia: pena de morte. E aquí ven o mellor, os policías analizan o sangue do martelo e NON SE CORRESPONDE coa sangue da difunta. O home é sentenciado pola súa confesión despois de varios días de interrogatorios.

A ver..., a min que me expliquen esto. Do funcionamento da xustiza nos USA xa paso, pero que despois alguén faga toda unha serie desta clase de desvaríos e que se difunda a todo o mundo facendo alarde da grande utilidade da parasubnormalidade é digno dunha sentencia apocalíptica.

Amigo Pawley, quédanos moito por ver :)

Por: Fagot | Televisión | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

Non ten moito que ver co esoterismo, pero cóntollo igual: en "Unha verdade incómoda", o docu de Al Gore que lle vai quitar o Oscar a Adán Aliaga ;-), fálase dun mostreo que se fixo sobre máis de novecentos artigos técnicos referidos ao cambio climático e a incidencia das emisións de CO2 no aumento global de temperaturas. Todos, absolutamente todos, os traballos científicos consultados acreditaban en que tal cousa era real, que había unha dependencia entre eses feitos. Un mostreo semellante feito entre artigos da prensa xeneralista daba como resultado que en algo máis da metade dos casos se sementaba a dúbida sobre se a influencia dos gases de efecto invernadoiro estaba confirmada ou non. É dicir, a ciencia di unha cousa, e a prensa conta outra ben distinta.

Pensamento crítico, iso é o que verdadeiramente precisamos todos.

Martin Pawley | 06-11-2006 04:14:07

Esa é boa. Sen ir máis lonxe no Levante español, non se fala de "cambio climático" pero si que hai xurisprudencia na que se fala de "incidencia do vento de levante" como causa de enaxenación mental que deriva nalgún delicto.

Cousas como estas son as que un colega meu denomina como "Surrealismo zen".

Fagot | 06-11-2006 13:32:37

Comentar


Recordar datos