Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 07 de Novembro de 2006

Máis festivais, máis pelis, máis proxeccións... e menos tempo para atender a todo.

Esta fin de semana arrancaron dous dos festivales máis importantes que se celebran en Galiza, Cineuropa e o Festival de Cine Independente de Ourense.

Ó mundiño cinéfilo galego non lle chegan as horas no día para atender a toda a oferta que temos nestes primeiros días do mes de novembro.
O pasado sábado a actividade estaba en Boiro onde ademáis de continuar o concurso "Mobilízate" no que os participantes gravan curtametraxes con móbil, se realizaron distintos talleres de edición de vídeo así como proxeccións de curtametraxes.
Paralelamente, comezaba a 11 edición do Festival de cine Independente de Ourense que arrancou cun premio ó actor Emilio Guitierrez Caba, quen non puido acudir por motivos persoais pero confirmou a súa asistencia á gala de clausura que se celebra o vindeiro sábado. Tamén foi homenaxeado, pero na xornada do domingo, outro actor, Juan Diego. O outro protagonista das primeiras xornadas foi Gustavo Ron, director do filme Mia Sarah que tivo a sua premier no festival. Todo esto como preámbulo da que posiblemente sexa a edición máis internacional do festival de cine ourensán ó que chegaron fitas desde máis de 70 países dos cales están representados 45 nas 10 longametraxes, 60 curtametraxes e 10 documentales que estarán a concurso ata o vindeiro sábado cando se celebrará a entrega de premios e a cerimonia de clausura.
A non moitos kilometros de distancia, o pasado xoves arrancou a 20 edición de Cineuropa en Compostela. O festival que se extenderá ata o vindeiro 30 de novembro, conta nesta ocasión con proxeccións de máis de 100 filmes dos cales case que 50 se estrearán no propio festival. As proxeccións, que regularmente se fan no Teatro Principal, extenderanse na presente edición á Aula de Cultura da Fundación Caixa Galicia, o CGAC e a sala Yago. Entre o que se puido ver ata o momento destaca "Forever", un documental de Heddy Honigmann que estivo a concurso no festival de Donostia e que se centra no ceminterio parisino de Père-Lachaise onde se atopan enterrados un bo feixe de celebridades. Tamén se puido ver en Cineuropa, "La batalla de Argel" que probablemente sexa o máis célebre filme do recentemente falecido Gillo Pontecorvo. Para máis información sobre o festival, Ifrit e Martin Pawley abriron un novo blog dedicado a el.
Fora do entorno dos festivais, na Coruña, o CGAI inicia un novo ciclo, esta vez dedicado á figura do director David Cronenberg. O ciclo arranca hoxe coa proxección do seu mítico filme "Cromosoma-3" e durante os próximos meses repasará case que toda a obra do director canadiense, autor de obras como "Scanners", "Inseparables", "El almuerzo desnudo" ou o coñecido remake de "La mosca". Xunto co ciclo, sairá á luz o libro de Quim Casas: "David Cronenberg, los misterios del organismo" do cal o CGAI é coeditor.

E finalizando este repaso, anunciar que se abriu o prazo de inscripción para mandar traballos á sexta edición do Festiberico unha mostra audiovisual que se celebra en Delf (Holanda) e á que lle temos especial cariño porque cada ano emite longametraxes, curtametraxes e documentales españolas e portuguesas que non pasaron polos circuitos comerciais habituais de Holanda. A mostra celebrarase no mes de abril e como sempre desexamoslles moita sorte e que teñan unha gran afluencia.

Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009