Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 10 de Novembro de 2006

Que grande é o futbol

A Galega anunciase nas camisolas do Celta ó tempo que saca partido do futbol entre semana para gañar puntos de audiencia.

Durante os meses de verán algúns nos botamos as mans á cabeza coa grella que presentaba a televisión galega e desexábamos que regresase o "Prezado Setembro" para poñer as cousas no seu sitio.
O que sinceramente, creo que non esperaba ninguén, é que A Galega experimentase unha subida tan notable en dous meses como a que estamos a ver.
Ten moita culpa o cambio de imaxe nos espacios de información, de feito a pasada semana o "Galicia Noticias" chegou a ter un 42,8% de share, algo impensable hai uns meses, ó tempo que o "Telexornal" andivo por unha media do 25,9% o que significa que este espacio informativo aumentou a súa audiencia un 87% no mes de Outubro (segundo información do Xornal).
O outro dos puntos máis destacables, é o futbol. E é que a Galega comezou a poñerse as pilas neste campo. O pao que supuxo a perda da emisión do partido dos sábados foi corrixida a tempo. A xornada do domingo segue a contar con "En Xogo" e os partidos de UEFA e Copa da semana conseguiron algo que facía tempo que non víamos, a Galega como lider de audiencia en Prime Time. Foi así gracias ó encontro entre o Celta e o Eintrach de Frankfort que conseguiu un 27,5% de share. Non sabemos se por esta razón, a semana pasada, A Galega fixo unha oferta de patrocinio a Celta e Deportivo. Os celestes xa asinaron e onte, durante o partido do Celta contra o Alavés puidose ver por primeira vez o logo da galega nas camisolas dos xogadores do Celta. O Deportivo está polo momento negociando co ente público.
Esta noticia sae xusto no momento en que o Director Xeral do ente, Benigno Sanchez fai públicos os datos económicos da canle (La Voz de Galicia). A perda do futbol en aberto provocou unhas perdas de 1 millón de euros en publicidade polo que a Galega seguirá adiante no seu recurso contra La Sexta por non emitir os partidos en galego.
O certo é que con medidas puntuais, a Galega parece que volve á senda da estabilidade e comezan a verse pequenos síntomas dese tan demandado "cambio".

Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009