Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Domingo, 12 de Novembro de 2006

"Al otro lado" faise coa Gran Calprnia do Festival de Ourense.

As 15 Calpurnias partiron para 9 paises distintos e dúas delas quedaron en Galiza.

Se hai algún elemento que defina esta undécima edición do Festival de Cine Independente de Ourense, eso é a ausencia dos favoritos no palmarés. O cartel do festival, moi heteroxéneo, pero marcado pola tendencia ó cinema social contaba con algúns títulos xa coñecidos polo seu percorrido por importantes festivais. Este era o caso de “Grbavica”, gañadora do Oso de Ouro da pasada edición do Festival de Berlín e que sae de Ourense coa Calpurnia á mellor actriz Mirjana Karanovic. Peor sorte tivo outra das favoritas, “El camino de San Diego” de Carlos Sorín que viña de ser premiada en Donostia pero que foi acollida con bastante indiferencia, ademais de ser branco de críticas nas que se calificaba ó filme de “excesivamente pasteloso”. O único filme dos considerados, a priori, favoritos que saiu ben parada do palmarés ourensano foi “Indigènes”, filme premiado en Cannes e que conseguiu levarse o Premio do Público ademais dunha Mención especial do xurado ó seu guión.
O xurado de longametraxes, composto por José Moreno, Antonio Reis, Carmen de Miguel e Daniele Morguera decidiron por unanimidade premiar ó filme mexicano “Al otro lado” de Gustavo Loza que conseguiu a Gran Calpurnia. O filme, composto por varias historias paralelas, fala do drama da emigración desde o punto de vista dos nenos. As narracións de realidades fragmentadas gustaron nesta edición e o filme galego “De Bares” de Mario Iglesias, composto por varias curtametraxes rodadas polo seu director consguiu levarse o Premio especial do Xurado. O premio Carlos Velo ó mellor director foi a mans do director francés Eric Caravaca, que despois dunha ampla carreira como actor e director de fotografía, debutaba na dirección con “Le Passager”, filme que lle proporcionaría este premio.
O palmarés de longametraxes complétase coa mellor fotografía para Arthur Reinhart (Polonia) por “Jestem” e o premio ó mellor actor para Germán Palacios por “Postdata”.
No apartado de documentais sucedeu algo similar que no apartado de longametraxes. Nos primeiros días do festival levantara unha gran expectación a fita “Las huellas de Dylan” de Fernando Marinero, director que conta cunha importante traxectoria na dirección e que apuntaba como unha das fitas favoritas para facerse coa Calpurnia ó mellor documental. Sen embargo o filme que rematou cautivando ó público e facéndose co galardón foi “Knjiga Rekorda Sutke” (O libro dos records de Shutka) unha coprodución checo-servia dirixida por Aleksandar Manic na que se conta a historia dunha vila na que tódolos seus habitantes están tódolos días a competir entre sí por conseguir algún record. O director checo, foi quen de recrearse nesta realidade tinxida de certo surrealismo para facer unha creativa crónica do acontecido nos balcáns. O palmarés de documentais complétase cunha mención especial ó documental “Habana” do alemán Florian Borchmeyer e coa Calpurnia ó mellor director de documental que quedou en Galiza ó recaer en mans de Marcos Nine polo seu traballo en “Pensando en Soledad” que o xurado, composto por Carmelo Romero, Pedro Carvajal e Xosé Nogueira calificaron como: “unha visión irónica, tenra e lúcida dun personaxe que foi mestre de boa parte dos modernos cineastas galegos”.
En canto ás curtametraxes, o xurado composto por: Felix Gomez-Urda, Mireia Giró, Monti Castiñeiras e Susana Borges decidiron concederlle a Calpurnia á mellor curtametraxe á sudafricana “Lucky” de Avie Luthra, o mellor director foi Daniel Mulloy por “Dad”, o premio do público para Paco Cabezas por “Carne de Neón” mentres que o premio Eixo Atlántico foi para a curtametraxe portuguesa “Salitre” de Leonor Noivo.

Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009