Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Sábado, 18 de Novembro de 2006

Warrior, el campeón de Cristo

O comentario número 100 dedicámolo ó autobombo.
(Non temos cartel asi que poño unha foto do Subcomediante Marcos)



Título Orixinal: Warrior, the Champion of Christ
Ano: 2004
Nacionalidade: Galiza, Arxentina, Senegal
Dirección: The Gilijordans & the new power generation
Guión: The Gilijordans, Fagot
Intérpretes: Ar-Rafra Gonçarra, To-Marro Karra-Mirrah. U-Terroh Lockarra, Bar-Rhaka Gonçarra, Al-Xim Sen, Txis-Toh Rha.
Producción: Broken Hearts & Yeah
Dirección Artística: Kwan U-Terroh
Efectos Visuais: Lurpia FX
Música: Kosinus, Koka Media, Rob Zombi (uncredited)
Son: Sharik
Montaxe: Fagot

Sinopse:
Fuco Paxariño, soldado republicano galego, é membro dun comando norteamericano destinado a desembarcar en Normandía. Por un erro do soldado Nixon, o comando de Fuco remata na Illa de Arousa onde descubren que os nazis teñen un laboratorio secreto para crear o arma definitiva que fará que a Segunda Guerra mundial se decante ó seu favor: Zombis. Fuco sairá con vida do Castelo dos zombis e exiliarase en Mar del Plata pero 50 anos despois os zombis regresan para secuestrar a Fuco e vengar a derrota na guerra. O fillo de Fuco, o Chef Vergara, instruído na cociña galega e as artes marciales arxentinas deberá revivir a historia que 50 anos antes lle tocara vivir ó seu pai para librar ó mundo dos zombis creados polos nazis.

Comentario:
Como se pode apreciar na sinopse, estamos ante un dos filmes máis polémicos que se fixeron nunca. É por esto que contou e segue a contar con enormes problemas de distribución. Realmente só quedan 5 copias en circulación, que están a ser buscadas polos servicios de intelixencia de varios países, así que poder ver o filme é francamente complicado. Ademais, en Id. Software plaxiaron o argumento deste filme no seu videoxogo "The Castle of Wolfenstein"`para a PS2 polo que fan todo o posible para que este filme non saia á luz, aínda que nos seguimos tendo a esperanza de que algún dos posuidores desas copias colgue o filme no YouTube.
Dicir tamén que o filme conta con dúas versións. A primeira foi a montaxe do director, versión extendida, de 2 horas de duración coa que os productores pretendían opter o certificado "Dogme 95". Sen embargo a escola danesa negoulles ese privilexio (probablemente por presións do goberno alemán) e os productores optaron por facer unha versión comercial, a montaxe do montador, que dura 40 minutos e inclúe algún plano que se tomou prestado dos filmes "Expertos en pinchazos", "Memories", "El Puño de la estrella del Norte" e "Hip Hop Hunnies" ademais do tema central do filme "Living dead girl" composto orixinariamente por Rob Zombie para este filme pero que debido ós problemas de distribución se viu obrigado a incluilo no seu album "Hellbilly Deluxe".
Fora do anécdotario, que hai para dar e tomar, xa que o filme rodouse en 1994 pero non puido ver a luz ata 2004 onde fixo a súa estrea oficial no autobús do Cangas Frigoríficos do Morrazo, hai que dicir que estamos ante un filme completamente perfecto.
Os Gilijordans son capaces de mesturar con mestría a estética bélica máis clásica, cunha coidadísima dirección artística, con planos propios dun "shooter" que fai que por momentos o espectador se sinta partícipe do filme en primeira persoa. Gran parte do éxito do filme é tamén debido ó elaboradísimo guión no que se mesturan dúas liñas temporais que interactúan entre sí atopando no presente os elementos necesarios para comprender o pasado e viceversa. Á par desto, a metalinguaxe cinematográfica empregada, na que se inclúe desde animación ata anuncios publicitarios convirte o filme nunha arriscada e singular aposta narrativa que atrapa ó espectador pola súa vistosidade e polo impredecible que resulta nalgunhas das súas secuencias.
O filme, pese a tratarse dunha fita de acción, non está exento de enormes cargas de profundidade como a concepción existencial da teoría do "eterno retorno" ou a visión do mercantilismo atroz encarnada na figura do Oráculo.
En canto á interpretación destacar o fantástico papel de Bar-Rhaka Gonçarra, interpretando a Catuxa. A xoven actriz carga de dramatismo as secuencias nas que aparece. Igualmente, e con licencia da soberbia interpretación de tódolos actores, cabe destacar a actuación de U-Terroh Lockarra (Fuco Paxariño) que desborda credibilidade nunha das secuencias máis duras do filme, na que a súa personaxe se somete á dura cámara de torturas dos nazis.
En resumidas contas, cinema do que xa non acostumamos a ver. Se algún lector consegue accedes a unha das 5 copias existentes, que teña en conta que se trata dun filme clandestino. Non o comente, simplemente míreo e disfrute este filme digno do noso comentario número 100.

Nota: 10

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (1) | Referencias (0)

Comentarios

Seguro que en Sitges matan por algo así :)

Fagot | 18-11-2006 15:19:40

Comentar


Recordar datos