Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Luns, 04 de Decembro de 2006

Despois dun ano e medio comentando todo tipo de historias este blog remata aquí a súa actividade.
A verdade é que resulta algo triste sobre todo porque había moita ilusión cada vez que me poñía a escribir sobre calquera dos temas ou iniciativas audiovisuais que xurdían pola nosa terra, así como todas esas veces nas que decidimos levar a contraria a algunhas cousas que acontecían e que non nos parecían xustas.
O tempo deste espacio pasou, sobre todo polo cansancio, porque non se lle pode dedicar ó blog todo o tempo que precisaría, por incompatibilidades laborais, porque a páxina deixou de funcionar como debería e ás veces resultaba imposible desde escribir un post a contestar un comentario, porque o que en principio era un divertimento pasou a convertirse nunha especie de obriga e todo esto non aparecía no prospecto.
Con todo, quedan sensacións moi positivas como a de saber que un día se abriu este espazo e que foi lido por moita xente, que houbo quen estivo dacordo co que aquí dicíamos e quen non, pero que igual deixamos entrever algúns pareceres dos que se fala as agachadas pero non se dín públicamente.
Agracedecemos de todo corazón a Bitacorae o feito de ternos regalado este curruchiño de rede, igual que a Chuza, a Vieiros e a Redgalicia toda a axuda que nos prestaron para difundir as nosas opinión. Tamén queremos agradecerlla a Axencia Audiovisual Galega que nos considerara merecedores dun link nunha páxina institucional, o certo é que dá para pensar que algunha cousa teremos feito ben. E gracias tamén a tódolos que de cando en vez pasábades por aquí e que deixabades a vosa pegada nas estatísticas da páxina, eso era en realidade o que facía que escribir tivera sentido.
Por esa razón, e tamén porque se estamos moito tempo calados afogamos, a partires de agora comezaremos a colaborar con Cinemafriki onde poderemos saciar o apetito por comentar películas que foi o principal motivo para abir este blog.
De tódolos xeitos, igual co tempo non aturamos a idea de ser os únicos pseudointelectuais do planeta sen blog e abrimos un novo, quizais un A peli do día 2.0, quizais nada, quen sabe...
Pase o que pase ata entón, grazas (é a primeira vez que escribo esta palabra) a todos, moita sorte e...
ATA SEMPRE
Por: Fagot | Xeral | Comentarios (12) | Referencias (0)
ro | 04-12-2006 11:13:22
O mesmo. Grazas e parabéns. O blogomillo perde unha voz moi autorizada, confiable e interesante. Son moi necesarios este tipo de blogs temáticos, especializados en ambitos concretos, como o cinema ou o audiovisual. Esperemos que alguén colla o relevo.
zerovacas | 04-12-2006 11:48:10
Hurs!
Fagot, fuchedes dos primeiros blogs que atopei em galego, e agora fechades... é umha magoa, pero tenho que estar obrigado por todos os posts e comentarios interesantes em todo este tempo.
Sorte e saude!
Fer | 04-12-2006 14:01:53
Grazas a vos por estar aí. O das estatísticas dicíao completamente en serio. Houbo días que era un auténtico subidón ver que entraba xente e máis xente a ler un post que igual era unha divagación persoal pero que dalgún xeito resultaba interesante para a xente :)
Fagot | 04-12-2006 14:12:41
Soamente pechando as portas de cando en vez tras du n, abrense fiestras cara o porvir... Veremonos polo camiño, sen dubida. Saudos... ;)
CAAlonso | 06-12-2006 05:58:56
eres grande¡¡¡
sempre quedarás con nós e esperamos ese 2.0.
graciñas por todo...e unha pena que esto deixe de funcionar. unha aperta
JairoIglesias | 10-12-2006 15:58:16
...e mentres non chega a versión 2.0, poderemos seguir blogueando en vivo, preferibelmente con cervexa polo medio. Unha aperta!
Martin Pawley | 10-12-2006 21:28:58
Pol | 11-12-2006 12:57:34
Vaime matar Ifrit que aínda non lle enviei o que ía escribir.
E sí Pawley, pero máis que bloguear con cervexa no medio case que me quedo con lurpear/lerchear do submundo audiovisual que non hai nada máis divertido que poñer a parir por atrás :)
A ver se hai sorte e este nadal podo compartir tamén unha cervexa con Jairo e con CA Alonso.
Saudos a todos!
Fagot | 11-12-2006 17:15:03
Vaia, resérvaste o lercheo en privado, que é o máis divertido!!! Gracias polo blog e moita sorte en todo.
Nilde | 13-12-2006 18:06:38
Fagot | 17-12-2006 16:10:36
Neno! haberá que seguir léndote en Cinemafriki... algún día decataraste do oco tan grande que tapabas co teu traballo neste blog. Un abrazo moi forte e gracias sempre
coprofilms | 07-01-2007 14:44:51